
BOAS!
Chámome Erea Devesa Valledor. Son pedagoga e sexóloga especializada en igualdade de xénero.
Teño unha extensa experiencia desenvolvendo o meu labor profesional no ámbito da educación sexual en diferentes espazos e con distintos públicos: incluíndo educación infantil, primaria, secundaria, centros de educación especial, formación profesional, foros, asociacións...
...E é un labor que adoro!
Resultado de xuntar unha firme convicción feminista, a vontade de mellorar as cousas e a necesidade dunha educación sexual de calidade, nace este proxecto:
Sexoloxía Con Xeito
Espero que te sintas ben aquí, este é un espazo seguro



Crece libre para sentir e expresar as túas emocións .
Coñece o teu corpo, sabe que che pertence e que ninguén pode tocalo sen o teu consentimento.
Séntese seguro e seguro, e sabe pedir axuda se a necesitan.
Sexa cómodo coa túa sexualidade.
Comprender que a diversidade é a norma e que todos temos dereito a amar libremente.
Fai un uso seguro das redes sociais e da internet.
Tratar e esixir ser tratado con respecto. Todos temos os mesmos dereitos e liberdades,
EDUCACIÓN
ALUMNADO
Educación co alumnado en idade escolar a partir dos 3 anos (EI, EP, ESO, FPb)
Educar desde as fases máis temperás axuda a que:
-
Crezan libres de sentir e expresar as súas emocións.
-
Coñezan o seu corpo, saiban que lles pertence e que ninguén pode tocalo sen o seu consentimento.
-
Se sintan seguros e seguras, e saiban pedir axuda se a necesitan.
-
Estean a gusto coa súa sexualidade.
-
Entendan que a diversidade é a norma e todos e todas temos dereito a amar libremente.
-
Fagan un uso seguro das redes sociais e Internet.
-
Traten e esixan ser tratad@s de forma respetuosa. Todos e todas temos os mesmos dereitos e liberdades.


FORMACIÓN
Poboación adulta e comunidade educativa: Familias e profesorado.
Para o desenvolvemento dos nenos e as nenas é vital que as persoas que lles acompañan no seu día a día saiban como actuar e como ofrecer o apoio favorecendo que sentan cómodxs e se expresen, pregunten ou pidan axuda se nalgún momento pasan por algunha dificultade.
Por iso, Con Xeito ademais de ofrecer formacións para o alumnado, ofrecemos formacións enfocadas ao persoal docente e ás familias, adaptándoas aos obxectivos e necesidades específicas de cada grupo.

RECURSOS
Desde Con Xeito tamén elaboramos diferentes materiais e recursos para dar resposta ás necesidades educativas en materia de igualdade e educación sexual. Se tedes interese en encargar algún material, non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Aquí ensinámosvos algúns exemplos:


Cambios da adolescencia

Personalización: Todas as actividades serán pensadas en función da idade, etapa de desenvolvemento ou necesidade do grupo tratando de promover a prevención de malos hábitos e a promoción de bos.
Proximidade: Dende o primeiro momento acompañarémosvos a través dunha comunicación fluída, resolvendo as vosas inquietudes e facéndovos sentir a gusto.
Aprendizaxe activa: As formacións nútrense dun enfoque activo e participativo, inspirado na maiéutica: Un acompañamento guiado da aprendizaxe, formulando preguntas que leven a reflexionar sobre os aspectos para tratar para así construír por unha ou un mesmo o coñecemento.
Linguaxe inclusiva: A linguaxe constrúe o pensamento, por iso en Con Xeito unha comunicación adecuada e inclusiva será chave nas nosas formacións.
Perspectiva de xénero: Todas as formacións contan cun enfoque feminista.
Diversión: Aprenderemos con xogos e actividades que involucren ao alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe, para manter a súa atención, converténdolles en protagonistas e non simples oíntes.
METODOLOXÍA
CONTACTO
Se queres contratar os servizos de Con Xeito Sexología, consultar dispoñibilidade ou pedir máis información sen compromiso, podes utilizar calquera das seguintes canles: